Notas de prensa

A  Casa de Galicia acolle desde onte a exposición de pintura e escultura do artista lucense, Miguel Núñez, que presentou ante máis de medio cento de persoas unha obra que mostra unha ampla selección de pezas coa que establece un diálogo entre materias como a madeira e o metal, para confluír nunha mestura de volumes e texturas que cobran formas sorprendentes, ben en escultura, ben en pintura de esmalte degradado en sobre zinc.  Núñez explicou aos asistentes, que o interese de traballar con este material xorde de experimentar coa natural maleabilidade, buscando unha obra híbrida…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid, participou na presentación da novela, “Mi flor de Liss” da escritora con orixe en Santiago, Marinieves Garabal. A autora estivo acompañada durante a presentación polo Dr. D. Alfonso Chinchilla, neurólogo; polo Dr. D. Luis Rodríguez Padial, cardiólogo; pola Dra. Dª Adela Alonso, psicóloga; e o editor, Ignacio Rodríguez. Marinieves Garabal, coa súa consabida sutileza e sensibilidade sabe chegar a alma dos lectores. Conseguiuno nas súas tres anteriores novelas, así coma nos  múltiples artigos publicados e faino agora con esta apaixoante…
A delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, foi o escenario onde a Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama) entregou o nomeamento de Membro de Honra concedida ao Presidente Emérito do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas. Asistiron ao acto parlamentarios, membros de Iurisgama e membros e directivos doutras asociacións de profesionais galegas en Madrid, como Asomega e Aegama. O secretario de Iurisgama, Jesús Gómez Montero, leu a acta da asemblea xeral, na que por unanimidade tomou o acordo deste nomeamento. No acto tamén participaron Carlos Lema Devesa,…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid deu a benvida ao alcalde de Friol, José Ángel Santos que presentou na Casa de Galicia a Feira do Queixo e Pan de Ousá, que terá lugar o próximo 26 de marzo na Praza Andón Cebreiro e no Parque Rosalía de Castro do municipio. O director da Casa de Galicia manifestou ter no seu ADN  o rural galego no que traballou desde moi novo e fixo referencia ao queixo tirando do refraneiro para poñer en valor estes produtos que foron degustados tras a presentación por un cento de persoas. O alcalde do municipio lucense, José Ángel Santos non deixou…
Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid participou na proposta turística de Ferrol, que desembarcou en Madrid o pasado martes ante medio centenar de medios de comunicación e axencias de viaxes para dar a coñecer o que esta cidade ten para ofrecer ao visitante. O acto deu comezo, presentado polo CEO do Grupo RVEdipress e Director do programa ‘Miradas Viajeras’ de Radio e TV, Fernando Valmaseda, quen, en todo momento, achegou a súa particular forma de sentir, contar e compartir historias do destino cos asistentes. Foi o encargado de presentar o vídeo promocional ‘É o destino. É…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu na tarde de onte a inauguración da exposición de Amalia Costa que leva por título “Salitre”.  A pintora, natural de Muros, deu a coñecer unha colección de 12 pezas presentadas baixo  un conxunto de paneis de grandes dimensións que basean a súa forza  nos seus ‘recordos’ de Muros e no mar como tema central da súa obra pictórica.  Os cadros de Amalia Costa deixan ver, tocar algas e peixes diminutos, cangrexos e cunchas; aboias, redes, barcas, ou os reflexos das ondas. Os recordos da súa infancia en Muros traen aos seus cadros os xeados…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano deu a benvida a Antonino Nieto, que se define a si mesmo como poeta, videoartista, creador de espectáculos e rituais nos que xunta literatura, artes plásticas, circo, performers ou ballets, e que presentou na tarde de hoxe o seu poemario “El pulgar de la alegría”. Ilia Galán director da colección foi o encargado de presentar ao polifacético escritor nado en Verín e colaborador habitual en diferentes programas de radio e revistas culturais. Publicou máis de corenta libros, dos cales algúns deles foron traducidos ao inglés, ruso, alemán, italiano e…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano deu a benvida no día de onte ao maxistrado de orixe ourensá, José Antonio Vázquez Taín que presentou o seu último documental repasando a historia do traxecto que uniu o norte e o sur peninsular durante máis de mil anos e que constrúe un relato audiovisual a modo de documental a través dos séculos e que pon en valor a memoria histórica da Vía da Prata. O traxecto deste itinerario discorre pola terra que o viu nacer, feito que o motivou a involucrarse neste proxecto coa intención de dar a coñecer a súa importancia, e facer visible unha ruta pouco…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano inaugurou a exposición didáctica de traxes tradicionais de Galicia que corre a cargo da profesora de canto, pandereita e baile tradicional, María Susana Peleteiro, que poderá visitarse durante todo o mes na sala Álvaro Cunqueiro.  Serrano mostrouse satisfeito por acoller na sede da Xunta en Madrid esta exposición xa que “é diferente, mostra en Madrid unha vez máis nosa singularidade como pobo e a necesidade de difundir todo o bo que ten Galicia, desde a súa paisaxe, a súa gastronomía, a súa lingua propia, e como non, a súa moda, na que se…
O director da Casa de Galicia, Juan Serrano, deu a benvida no día de hoxe a máis dun cento de persoas que abarrotaron a sala Emilio Pardo Bazán no acto de promoción de Filloas da Pedra.  Serrano, estivo acompañado por José Andrés García Cardeso, alcalde do Concello da Baña; José Manuel Mallón Ardións, cociñeiro profesional e membro da asociación; e por Mónica Tomé Rei, secretaria da Asociación Filloas da Pedra da Baña quen explicou aos asistentes que esta asociación foi creada no ano 2007 para recoller a tradición de cociñar sobre unha pedra un produto tan galego como son as filloas. “…