Hoxe
--
A charla Litoral máxico de Galicia, contará coa participación de Ángeles Vázquez , conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.Neste encontro, que se produce despois de que a Xunta de Galicia asumise as competencias de xestión do seu litoral, abordaranse os plans do goberno galego para esta franxa costeira caracterizada pola combinación de rías, espazos naturais…
--
De madres a hijas, recetas para no olvidar busca rescatar esas historias de esforzo, creatividade e sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron. Unha historia que lembra que as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas conservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura.A presentación terá…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Histórico de eventos
O xornalista, escritor e peregrino, Javier Leralta, estará acompañado durante a súa charla, por Mercedes Ceinos, de Madrid Saúde.
Trátase da terceira e última conferencia do ciclo que organizou a Asociación de Amigos de los Caminos de Santigo en Madrid ao longo do mes de novembro, dentro do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos. Nesta ocasión, a charla correrá a caro de Javier Leralta, xornalista, escritor e peregrino, o cal estará acompañado por Mercedes Ceinos, de Madrid Saúde.
Javier Leralta é licenciado en CC. Información e Máster en Novas Tecnoloxías da…
"TEMPERANDO. La gaita gallega y su mundo", editado por Ibersaf, foi escrito cunha vocación divulgativa e didáctica. A publicación aúna nun só volume diferentes ámbitos de coñecemento sobre a gaita e o seu mundo, o que o fai un libro destinado tanto a músicos como a calquera lector interesado polo folclore no seu máis ampla acepción.
Nos seus vinte capítulos nada se dá por sentado, os temas desenvólvense desde os puntos de partida máis básicos, estruturándose de modo que o acceso aos coñecementos máis avanzados sexa sinxelo e todo iso cunha linguaxe clara que evita todo tecnicismo innecesario…
Esta conferencia, "A Garda Civil no Camiño" Un valor seguro para todos, é a segunda das tres que se pronunciarán ao longo do mes de novembro, dentro do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos. Nesta ocasión, a charla correrá a caro de Miguel Canellas Vicens, Tenente Coronel da Sección de Operacións da Garda Civil, o cal estará acompañado por Jorge Martínez Cava, presidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.
A relevancia histórica, a preservación e goce da súa riqueza cultural e a peregrinación conforman un espazo que merece unha…
“Cruzados polo camiño. Conxecturas compostelás sobre un Papa ilustrado”, é a última novela do baionés, José G. Barral Sánchez. Este é o terceiro libro do autor, que, ademais, resultou gañador no II Premio de novela Camiño de Santiago organizado pola Academia Xacobea.
O autor estará acompañado por Juan Serrano, director da Casa de Galicia en Madrid; Xosé Hermida, xornalista e escritor; e Pilar Falcón, Académica da Academia Xacobea e presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid.
O libro relata unha serie de acontecementos ao longo do Camiño Francés ao fío da visita do Papa Bieito XVI a…
A presentación está dirixida a todos aqueles que estean a pensar en volver á súa terra, ou teñan interese en coñecer as posibilidades que habería, para iniciarse nunha actividade empresarial en Galicia, unha terra acolledora e chea de oportunidades.
En 2023 potenciarase como nunca antes o emprendemento. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que conta cunha nova Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, aposta de maneira decidida polas políticas de emprendemento e pola mellora da coordinación de todos os recursos existentes a nivel autonómico.
A conselleira de…
"Luminiscencia" é o título que elixiron Adrián Sánchez e José Manuel Aguilar para levarnos a unha viaxe muscical que comeza no século XVIII ata a actualidade, dando a coñecer as características de cada época interpretadas a través do saxofón.
Interpretarán pezas de compositores do século XVIII como Marin Marais (1656-1728), Georg Philipp Telemann (1681-1767) ou Johann Sebastian Bach (1685-1750), de finais do século XIX como Francis Poulenc (1899-1966) e pezas de compositores actuais como José María Sánchez-Verdú (1968) e Christian Lauba (1952), entre outros.
Adrián Sánchez é un músico que…
No acto de presentación acompañará ao autor Héctor Luis Suárez Pérez, Cátedra de Etnomusicoloxía do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.
Jesús García, leonés, músico e técnico de son, conta nun libro 60 anos de vida de Viana do Bolo e a súa. A través desta obra aborda a historia recente de España desde a memoria dun pobo galego.
"Cuaderno de Viana" é unha obra con gran contido histórico, cultural e etnográfico. Está composto por 75 capítulos que abarcan o período de 1700 a 2000 e inclúen documentos, lendas e relatos da Galicia interior: 75 relatos curtos de Viana do Bolo e…
O debuxante Miguel Fernández e os guionistas Pepe Rey e Manuel López Poy volven unirse para despedir esta saga publicada pola editorial Diábolo. No acto de presentación estarán os autores do cómic e o editor, Lorenzo Pascual.
En "Descanse en paz" encaixan todas as pezas que se foron presentando nos cómics anteriores e resólvense as tramas nunha solución final bastante espectacular.
A obra arrinca en 1466, cando a situación política e social en Galicia alcanza o seu estado de máxima tensión. Mentres as Irmandades de Lugo organízanse para responder á situación de opresión e poñer fin aos…
Esta conferencia, a primeira das tres que se pronunciarán ao longo do mes de novembro, correrá a cargo do peregrino e escritor amateur, Andrés Juez Pérez, o cal estará acompañado por José Antonio Ortiz, director da revista "Peregrino".
Andrés Juez Pérez (Madrid, 29.11.1962). Rexistrador da Propiedade de profesión, tivo o seu primeiro destino en Galicia (Viana do Bolo). Cando viviu en Ponferrada entre 1997 e 2000 descubriu de primeira man o Camiño de Santiago, aínda que ata 2004 non se animou a facelo en persoa e, como é habitual, o mínimo desde Sarria. A partir de entón, todos os anos (salvo…