Hoxe

--
A charla Litoral máxico de Galicia, contará coa participación de Ángeles Vázquez , conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.Neste encontro, que se produce despois de que a Xunta de Galicia asumise as competencias de xestión do seu litoral, abordaranse os plans do goberno galego para esta franxa costeira caracterizada pola combinación de rías, espazos naturais…
--
jhb
De madres a hijas, recetas para no olvidar busca rescatar esas historias de esforzo, creatividade e sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron. Unha historia que lembra que as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas conservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura.A presentación terá…

Próximos eventos

Non hai próximos eventos

Máis eventos

Histórico de eventos

Na presentación acompañarán ao autor, Pedro García Cuartango, Lucía Taboada e Luis Meana. Este libro é unha longa crónica xornalística, física e emocional, que pretende descubrir se tras unha ausencia de máis de 40 anos queda algo da Galicia que era e o neno que foi. Trátase de 28 artigos publicados cada semana no suplemento O Domingo da Opinión A Coruña e oito inéditos. O xornalista e escritor Alfonso Armada relata en cada un deles a súa visión de Galicia. Están Estaca de Bares, Ferrol, A Coruña, Santiago, Noia, Samos, Ribadavia, O Carballiño, Vilagarcía, Bueu, San Simón, Vigo... Unha obra…
O escritor nedense, Vicente Araguas, presenta no seu último libro de contos, «O lugar onde vou», editado por Galaxia. No acto o autor estará acompañado polo escritor Manuel Pereira Valcárcel. Araguas aborda no seu libro a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que improbable. Fala do medo e dos bares onde cando nada pasa, todo pasa, das casas grandes que miran, sen poder facer nada, como as mulleres se decuelgan  dos cadros, de parellas de distintas idades que falan de raíñas consumidoras compulsivas de arroz con leite Araguas bota a andar unha…
A Federación de Asociacións Galegas en Madrid organiza un acto "Homenaxe da galeguidade" en memoria de D. José Ramón Ónega López, director da Casa de Galicia en Madrid; D. Ovidio Cadenas Queipo, presidente de FAGAMA e da Xuntanza de Galegos en Alcobendas; e D. Miguel Romay Graña, presidente do Centro Galego da Serra de Madrid e vicepresidente de FAGAMA. Participarán no acto: o director da Casa de Galicia, Juan Serrano; o presidente de FAGAMA, Horacio Rico; o xornalista, Fernando Ónega; o fiscal do Tribunal Supremo, Antonio Troncoso de Castro; e Ana Romay, irmá de Miguel Romay. A homenaxe…
  Esta antoloxía trilingüe (castelán, galego e catalán ou valenciano) de poesía xorde para celebrar o Ano Xacobeo e convidarnos a realizar o Camiño de Santiago desde calquera punto de partida. Todos os poemas falan  do que supón para o peregrino esta significativa experiencia. Cada poeta ou artista plástico tentou reflectir as súas propias vivencias dunha maneira persoal baseada na súa sensibilidade. O proxecto foi apoiado  pola a Xunta de Galicia Xacobeo 2021-2022,e o prólogo correu a cargo de Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia,…
Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán e Sofía Casanova conforman unha nova xeración de escritoras que conquistou unha destacada posición no ámbito da literatura, do pensamento feminista e da conciencia social en favor dun mundo mellor que o que herdaran. Mostraron unha enorme sensibilidade cara aos sectores máis vulnerables da sociedade, tentando cambiar esta realidade. As catro tiveron unha consideración especial cara á situción da muller, tentando que a perspectiva feminina fose coñecida e respectada.  A través deste ensaio, o autor pretende dar a coñecer a estas…
Esta obra pode considerarse un poema se entendemos a poesía como o texto no que se lle encomenda á linguaxe a capacidade para referirse ao inefable.  Esta obra pode considerarse unha novela, xa que desenvolve un argumento por medio de personaxes e hai unha intervención omnisciente dun narrador. Esta obra pode definirse como unha autobiografía na medida en que hai unha confesión polo xeral enmascarada do si mesmo. Ten de ensaio en canto a que responde a unha reflexión subxectiva sobre algún asunto sen a pretensión de esgotalo. Pero no seu conxunto, trátase dunha novela que ten como…
Trátase dunha novela que se desenvolve dentro dun maxestoso escenario que esconde o secreto silenciado durante anos por unha poderosa saga industrial galega. Unha conmovedora novela inspirada en sucesos reais que desentraña a dificultade de revelar o case inexplicable. Lúa, unha nena pequena de seis anos, observa como cada Nadal chegan á súa casa uns estraños sobres ribeteados en vermello e azul. Ela pregúntalle inocentemente pola súa procedencia, pero a súa nai resístese a responder. Aos poucos vaise dando conta de que a súa anodina vida, na época da transición española, oculta secretos…
A Casa de Galicia en Madrid acollerá, entre o 15 de decembro e o 29 de xaneiro, a exposición O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia.1981-2021, que repasa os feitos máis salientables das catro décadas de vida do Lexislativo galego, desde a súa constitución, o 19 de decembro de 1981 no Pazo de Xelmírez, ata a actualidade. A mostra permaneceu aberta ao público na sede do Lexislativo autonómico entre o 15 de decembro de 2021  e o 15 de marzo deste ano, iniciando despois un percorrido polas cidades galegas. Foi comisariada por Ramón Villares Paz, catedrático de Historia…
Esta pioneira plataforma dixital nace en San Xoán de Río (Ourense) co obxectivo de impulsar o retorno demográfico ás aldeas galegas a través dun sistema que lembra ao da popular app de citas. O obxectivo de Aldealista é facer visible os pobos invisibles. Trátase dunha plataforma dixital que busca poñer en valor o rural de Galicia poñendo o foco naqueles municipios de menos de 5.000 habitantes. Municipios como San Xoán de Río, en Ourense, onde nace este innovador proxecto da man de Juan Carlos Pérez e Juan Martín que intervirán no acto de presentación. O primeiro paso é elixir o territorio…
Galaico-madrileña afincada nas Rías Baixas, Silvia de Pablos presenta a súa novela "Galician Stories", unha novela de misterio que fará que o lector vexa Galicia con outros ollos.  Publicado por bubok Editorial, o libro conta como unha xornalista de investigación viaxa a Galicia a facer a súa tese doutoral sobre os misterios e  lendas desa rexión. No medio das súas investigacións, involúcrase nunha investigación criminal para resolver a desaparición dalgunhas persoas en estrañas circunstancias e implícase, case sen querer, en enigmáticos fenómenos. Os incomparables marcos naturais…