Hoxe

--
A charla Litoral máxico de Galicia, contará coa participación de Ángeles Vázquez , conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.Neste encontro, que se produce despois de que a Xunta de Galicia asumise as competencias de xestión do seu litoral, abordaranse os plans do goberno galego para esta franxa costeira caracterizada pola combinación de rías, espazos naturais…
--
jhb
De madres a hijas, recetas para no olvidar busca rescatar esas historias de esforzo, creatividade e sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron. Unha historia que lembra que as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas conservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura.A presentación terá…

Próximos eventos

Non hai próximos eventos

Máis eventos

Histórico de eventos

al
A charla Litoral máxico de Galicia, contará coa participación de Ángeles Vázquez , conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.Neste encontro, que se produce despois de que a Xunta de Galicia asumise as competencias de xestión do seu litoral, abordaranse os plans do goberno galego para esta franxa costeira caracterizada pola combinación de rías, espazos naturais protexidos, ecosistemas mariños de alto valor ecolóxico e unha importante interacción entre a actividade humana e o medio.Terá lugar o mércores 26 de novembro ás 18,00h. 
al
De madres a hijas, recetas para no olvidar busca rescatar esas historias de esforzo, creatividade e sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron. Unha historia que lembra que as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas conservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura.A presentación terá lugar o martes 25 de novembro ás 19,30h, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.
al
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación de  El niño que escribía en el agua, de Marga Cancela. Unha novela na que a autora nos convida a adentrarnos na mirada de Xoán, un neno capaz de atopar felicidade alí onde outros só ven sombras. A través da súa pequena recua de amigos constrúe unha historia sobre a infancia, a memoria e eses momentos que, como a auga, semellan fugaces pero permanecen para sempre.A presentación terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán, o xoves 20 de novembro ás 19,30h., con entrada libre ata completar a capacidade da sala.
al
A Casa de Galicia en Madrid inaugura a exposición Galicia, naturalmente, que se poderá visitar ata o 30 de novembro nas salas Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro. A inauguración terá lugar o martes 4 de novembro ás 12,00h na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
A Casa de Galicia en Madrid acollerá a presentación do concerto homenaxe a Milladoiro, que se celebrará o 15 de novembro no Teatro Monumental de Madrid, organizado pola Fundación DEARTE coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.O grupo Milladoiro celebra os seus 45 anos cun concerto no que repasarán algunhas das pezas máis emblemáticas do seu repertorio.  A súa proposta combina instrumentos ancestrais, composicións propias e melodías de raíz, cunha sensibilidade artística que emociona a xeracións enteiras.
al
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación de Aldealista. Trátase un proxecto de emprendemento e apoio ao rural que opta ao gran premio Impact Social Cup, tras ser finalista na categoría de Desenvolvemento Económico e Reducción de Desigualdades. A gran final será o día 16 de outubro no pavillón Madrid Arena. A presentación terá lugar o 15 de outubro ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia en Madrid.    
al
A Fundación Artesanía de Galicia, en colaboración coa Casa de Galicia en Madrid trasladan á sala Emilia Pardo Bazán o relatorio "Artesanía no Prato", unha mesa redonda con artesás e cociñeiros de primeiro nivel. No encontro conversarase sobre a mestura de tradición e vangarda que supón este proxecto.O relatorio terá lugar o martes 14 de outubro ás 19,30h, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.
al
A Casa de Galicia en Madrid presenta El cuarto vértice, a obra de Carlos Moreno Lugrís, editada por Hércules de Ediciones.A novela contrapón as vidas de Maruja Mallo e Marina Méndez. O autor procura mediante a ficción reivindicar o lugar que a artista viveirense debería ter ocupado na historia da arte española.A presentación terá lugar ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
A Casa de Galicia en Madrid acollerá a conferencia Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, que será impartida por Xesús Domínguez Dono, director de Produción e Servizos Editoriais da editorial galega.O encontro abordará o labor da Editorial Galaxia ao longo das súas sete décadas e media de traxectoria, así como o seu papel fundamental na conservación, difusión e normalización da lingua e da cultura galegas. Fundada en 1950 por figuras destacadas das letras galegas, Galaxia converteuse nun referente esencial da edición en Galicia e nun motor de pensamento e creación colectiva. 
al
 O proxecto Artesanía no Prato ten como finalidade xerar unha interrelación entre artesanía, deseño e gastronomía, dando a coñecer o potencial das pezas artesás como soporte das creación culinarias.O resultado non pode ser máis enriquecedor: unha simbiose entre ambas áreas que permite engalanar non só a alta cociña, senón que a gastronomía en xeral.A apertura terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán o venres 3 de outubro ás 11,00h. con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.