Hoxe
--
A charla Litoral máxico de Galicia, contará coa participación de Ángeles Vázquez , conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.Neste encontro, que se produce despois de que a Xunta de Galicia asumise as competencias de xestión do seu litoral, abordaranse os plans do goberno galego para esta franxa costeira caracterizada pola combinación de rías, espazos naturais…
--
De madres a hijas, recetas para no olvidar busca rescatar esas historias de esforzo, creatividade e sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron. Unha historia que lembra que as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas conservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura.A presentación terá…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Histórico de eventos
al
El Último Maqui, vida y leyenda de Mario de Langullo é a última obra de Juan Carlos Alonso. A medio camiño entre a investigación histórica e a narración literaria, o libro ofrece un retrato próximo da guerrilla en Galicia, os seus ideais, a súa loita armada e a persecución implacable á que foron sometidos. Cun ton rigoroso e á vez narrativo, Alonso rescata a memoria dun personaxe que encarna a resistencia contra a ditadura ata os seus últimos días.A presentación terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán o 23 de setembro ás 19,30h. con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
A Casa de Galicia acolle o relatorio Unha noite con Estíbaliz, un encontro con Estíbaliz Santamaría, musicóloga e comisaria da exposición La Casa de la Troya. Unha oportunidade para coñecer todos os segredos que hay detrás desta película.Terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán o mércores 17 de setembro ás 19,00h. con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
A exposición La Casa de la Troya chega á Casa de Galicia en Madrid con motivo do centenario da primeira adaptación cinematográfica da novela de Alejandro Pérez Lugín.A inauguración terá lugar o mércores 3 de setembro ás 20,00h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
A torre noroccidental da Catedral da Almudena, a máis próxima a Galicia, é coñecida como Torre dos Galegos ou Torre Mariana. Ten unha explicación. Hai 25 anos, a comunidade galega residente en Madrid, regalou as catro campás desta torre á catedral madrileña. Fíxoo como xesto de agradecemento. As campás están dedicadas ás virxes de Madrid: Santa María a Real da Almudena, Santa María da Paloma, Santa María da Flor de Lys e Santa María de Atocha. Estas campás foron fundidas artesanalmente na localidade pontevedresa de Arcos dá Condesa , nun taller cuxa historia se remonta ao ano 1630.A…
al
(I)RREALIDAD, Un viaje la mundo que habito, é o título da exposición que une a poesía e a pintura do artista José Ángel Janeiro. Durante o mes de xullo encherá as paredes da sala Álvaro Cunqueiro de cor e verbas, un viaxe pola obra do pintor que comezou a súa andaina no 2024 e que agora, tras pasar por diferentes cidades de España, chega á Casa de Galicia en Madrid.A inauguración terá lugar o martes 1 de xullo ás 19,30h. na sala Álvaro Cunqueiro con entrada libre ata completar a capacidade.
al
A Casa de Galicia acolle a lectura dramatizada de Egeria, unha peza teatral de Bolboreta Producciones, con texto de Paula Guadalupe e dirixida por Rebeca Fer, que chegará aos escenarios este outono. A lectura terá lugar o xoves 26 de xuño ás 20,00h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
al
Miguel Salas chega á Casa de Galicia en Madrid para presentar o seu libro Cuentos Bífidos. A través destas microhistorias, o autor tece un tapiz de relatos curtos onde o cotiá se retorce ata relevar o lado máis extraño, onde a imaxinación nos obriga a xogar ao escondite coa realidad.A presentación terá lugar na sala Emilia Pardo Bazán o xoves 19 ás 20,00h. con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do libro Ben Mantidos de Xavier Castro. Trátase dun percorrido polos maiores e ilustres protagonistas da gastronomía galega: o cocidos, o polbo, as empanadas, os mariscos...Unha novidosa interpretación da historia cultural da gastronomía galega.A presentación terá lugar o mércores 18 de xuño ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
al
A Festa do Pulpo do Carballiño chega á Casa de Galicia en Madrid. Esta festa, declarada Festa de Interese Turístico Internacional celébrase cada ano o segundo domingo de agosto no concello ourensán do Carballiño.A presentación terá lugar o xoves 12 de xuño ás 12,00h. na Sala Emilia Pardo Bazán. A capacidade da sala é moi limitada, polo que é imprescindible confirmar asistencia no enderezo electrónico: turismo@carballino.gal
al
A 4º edición do festival "Espírito Ribeiro" chega á Casa de Galicia en Madrid. Este certame, organizado polos concellos de Cenlle, A Arnoia e Castrelo de Miño, combina música, sabores, e pon en valor o viño da Denominación de Orixe Ribeiro.A presentación terá lugar o mércores 11 de xuño ás 20,00h. na sala Emilia Pardo Bazán. Para poder asistir é necesario inscribirse no correo: juanrivas@juanrivas.com.