Hoxe

--
A charla Litoral máxico de Galicia, contará coa participación de Ángeles Vázquez , conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.Neste encontro, que se produce despois de que a Xunta de Galicia asumise as competencias de xestión do seu litoral, abordaranse os plans do goberno galego para esta franxa costeira caracterizada pola combinación de rías, espazos naturais…
--
jhb
De madres a hijas, recetas para no olvidar busca rescatar esas historias de esforzo, creatividade e sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron. Unha historia que lembra que as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas conservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura.A presentación terá…

Próximos eventos

Non hai próximos eventos

Máis eventos

Histórico de eventos

A artista María Carretero presenta na Casa de Galicia en Madrid 'Amor: a muller no camiño de peregrinación. Camiño de Santiago dende Canarias.' en conmemoración do XXVIII aniversario da súa obra 'Homenaxe ao Peregrino'.O acto está coordinado por Domingo de Famara e o tenor Francisco Corujo encargarase do acompañamento musical.Nesta ocasión a artista estará acompañada por Luis E. Ramos, director da Casa de Galicia en Madrid; Juana Sánchez-Gey, profesora emérita de Filosofía, Universidade Autónoma de Madrid, Fundación Fernando Rielo, misioneiras e misioneiros Identes. ID, que intevirá a través…
al
Jesús Tébar Arjona presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa novela 'Cariño é un lugar'. O autor recrea a vida dun profesor de instituto que desexa escapar da súa vida nunha gran cidade e busca refuxio neste pobo mariñeiro. Tébar estará acompañado nesta presentación polo biólogo Agustín López Goya.
al
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, presenta na Casa de Galicia 'Os nosos soutos e castiñeiros: Patrimonio Natural de Galicia'. Trátase dunha das actividades do programa 'Toma Castaña. Galicia', que se desenvolve na representación institucional da Xunta en Madrid durante todo o mes de outubro. 
O maxistrado Ramón Trillo, ex presidente da Sala 3ª do Tribunal Supremo, presenta na Casa de Galicia en Madrid a obra 'Unha terceira apócrifa, diálogos de cataluña e outros escritos profanos', con artigos publicados polo autor en distintos medios e con prólogo de Luis María Díez-Picazo, maxistrado do Tribunal Supremo. Na presentación participarán tamén o director da Real Academia Española, Santiago Muñoz Machado, e o vicepresidente emérito do Tribunal Constitucional, Juan Antonio Xiol Ríos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 
Antonino Nieto Rodríguez presenta 'Apuntamentos para non disolverse na común semente do tempo', un evento multidisciplinar ao redor da poesía. Nesta ocasión, o polifacético Antonino estará acompañado polos poetas Carolina González Blanco e Manuel Guisande, o músico Carlos Nieto, os cantantes Magalí Revollar e Orlis Pineda, e os pintores Laura Abril e Ricardo Sánchez. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
A Casa de Galicia en Madrid acolle a proxección do documental 'Os camiños de Colón', da Asociación Cristóbal Colón Galego. Este traballo recolle os pasos seguidos por esta asociación na busca de ADN galego para contrastar co do descubridor que se conserva na Catedral de Sevilla. Os resultados forman parte dun proxecto científico que desenvolve a Universidade de Granada. No acto participarán o xornalista Bieito Rubido, director de 'El Debate'; Eduardo Esteban, presidente da Asociación Cristóbal Colón Galego; e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos.
A Casa de Galicia acolle o encontro de ASOMEGA 'Cancro hoxe, estratexias de prevención, precisión e coidado', no que van participar Ramón Reyes, presidente da Asociación Española Contra el Cáncer; Luis Paz-Ares, xefe do servizo de Oncoloxía Médica do Hospital 12 de Octubre; Mari Luz Amador, directora médica de Roche Farma; Felipe Couñago, director médico de GenesisCare España e Ramón Mel, do grupo de investigación SOLTI. Máis información e inscricións na páxina web de ASOMEGA. 
al
Organizado por Artesanía de Galicia. Xunta de Galicia. Obradoiro aberto e de balde dirixido ao público infantil e adulto. Ata completar aforo. Obradoiro de iniciación á cestería. A partir de técnicas tradicionais faremos unha pequena bandexa de vimbio branco. Impartido pola artesá Julia de la Cal @la-parabolica. Horarios: 11:00 a 12:00 e de 16:00 a 19:00 horas. 
A Casa de Galicia en Madrid acollerá o vindeiro venres 4 de outubro ás 19:30 horas un concerto de voz e piano de ARiMagritte e Mateo Sestelo, unidos artisticamente baixo o nome de MATgritte. Este proxecto intimista combina "a suavidade da voz e a forza da música", tal e como describe a cantautora viguesa.
A Casa de Galicia en Madrid estrea o programa de actividades 'Toma castaña. Galicia' o vindeiro xoves 3 de outubro ás 19:30 horas. No arranque desta programación, tamén se presentará a historia galega da cadea de restauración Viena Capellanes, que deseñou para esta ocasión un exclusivo doce de castañas. Con este acto quedará inaugurado o 'Souto da Casa de Galicia en Madrid'.