Hoxe
--
A charla Litoral máxico de Galicia, contará coa participación de Ángeles Vázquez , conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.Neste encontro, que se produce despois de que a Xunta de Galicia asumise as competencias de xestión do seu litoral, abordaranse os plans do goberno galego para esta franxa costeira caracterizada pola combinación de rías, espazos naturais…
--
De madres a hijas, recetas para no olvidar busca rescatar esas historias de esforzo, creatividade e sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron. Unha historia que lembra que as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas conservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura.A presentación terá…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Histórico de eventos
al
O escritor e notario Victorio Magariños presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa última obra "Problemas de España". Neste libro recóllense unha selección de artigos publicados desde 1992 en diversos xornais, que reflexionan sobre a actualidade política e social de España ao tempo no que se producían.O autor fai un repaso por momentos da nosa historia recente, así como por aqueles temas que afectan os principios de liberdade e igualdade.A presentación será o mércores 26 de marzo ás 19,30h. na Sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
al
'Nuevos cuentos tradicionales' e 'La abeja preguntona' son as últimas obras do escritor Manuel Janeiro. O autor, que publicou parte da súa obra en galego, presenta agora na Casa de Galicia en Madrid dous novos libros en castelán. A presentación será o mércores 19 de marzo ás 19.30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
al
A Real Orde de Cabaleiros de María Pita organiza na Casa de Galicia en Madrid o relatorio 'IA A Coruña: a aposta da Coruña pola intelixencia artificial'. Será impartida pola catedrática da UDC (Universidade da Coruña), Amparo Alonso Betanzos, que ademáis foi a presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial.Terá lugar o martes 11 ás 19.00h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma. *A seguinte imaxe está creada por intelixencia artificial.
O xornalista Ramón Loureiro presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa obra 'La bendición de las estrellas'. A través destas 120 páxinas Loureiro tece un relato profundo 'ata a última folla do caderno, ata o último alento' en compañía dos personaxes que marcaron a súa vida e obra. Unha reflexión sobre o paso do tempo, dos praceres simples da vida como a lectura. Será o xoves 6 de marzo ás 19.30h. na sala Emilia Pardo Bazán da Casa de Galicia, con entrada libre ata completar a capacidade da mesma.
A Asociación de Periodistas de Galicia traslada á Casa de Galicia en Madrid a exposición fotográfica 'A Galicia Inédita: unha ollada diferente do fotoxornalismo galego'. Un total de 73 fotografías que ten como obxetivo amosar o talento dos profesionais do fotoxornalismo. Esta mostra está organizada en colaboración co Colectivo Profesional de Fotoxornalistas.A inauguración será o día 6 de marzo ás 12.00h. na Sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC). Durante a mesa redonda de presentación falarase sobre a orixe desta asociación, sobre os seus fitos e as posibles actividades de Alumni USC do futuro.Será o mércores 5 de marzo ás 18.30h. na sala Emilia Pardo Bazán, para poder asistir é necesario confirmar asistencia no enderezo electrónico: alumni@alumniusc.com antes do 28 de febreiro.
A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da serie documental 'Rosendo Salvado, aventura e misión dun galego en Australia', unha produción da Televisión de Galicia dirixida por Valentín Carrera. A serie, que contou con tres semanas de rodaxe en Australia e unha en Galicia, está composta por catro capítulos nos que se narra a vida deste misioneiro galego.A presentación estará presidida polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos e terá lugar o xoves 27 de febreiro ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.
'Ardentía 1854', da escritora coruñesa María D. López-Menéndez chega á Casa de Galicia en Madrid. A obra conta a historia de Dolores Seonae, unha xoven de 17 anos que ve como o seu mundo se derriba a noite de San Xoan. Unha viaxe improvisada ata a Virxe dos Dolores leva á protagonista a atopar uns libros moi antigos. Qué ocultan esas obras e quén as deixaría alí? É só unha das moitas preguntas que Dolores terá que resolver ao longo da obra.A presentación da obra será o luns 24 de febreiro de 2025 ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a súa capacidade.Atención…
A editorial Alvarellos presenta, na Casa de Galicia en Madrid, a obra 'El camino de Santiago. El libro olvidado de 1965, de Álvaro Cunqueiro'. Trátase dunha guía orixinal do Camiño Francés que Cunquiero escribiu e publicou en 1965 e que nunca máis fora publicada ata hoxe. Na presentación da obra intervirán o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, o editor da obra Henrique Alvarellos e autora do estudo introdutorio, María Xesús Nogueiras.O acto terá lugar o martes 18 de febreiro de 2025 ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán,…
O profesor Francisco Díaz-Fierros Viqueira imparte na Casa de Galicia en Madrid o relatorio ‘José Rodríguez González, un alento renovador da ciencia galega’. Esta será un clase diferente, pero todo o que asista a ela poderá coñecer de primeira man a vida e o traballo do matemático galego José Rodríguez González.Será o luns 17 de febreiro ás 19,30h. na sala Emilia Pardo Bazán, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.Atención: A Casa de Galicia ten habilitado un acceso provisional polo número 6 da rúa Moreto durante as obras de mellora da accesibilidade que estamos a levar a cabo…