Hoxe
--
A charla Litoral máxico de Galicia, contará coa participación de Ángeles Vázquez , conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.Neste encontro, que se produce despois de que a Xunta de Galicia asumise as competencias de xestión do seu litoral, abordaranse os plans do goberno galego para esta franxa costeira caracterizada pola combinación de rías, espazos naturais…
--
De madres a hijas, recetas para no olvidar busca rescatar esas historias de esforzo, creatividade e sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron. Unha historia que lembra que as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas conservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura.A presentación terá…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Histórico de eventos
'Finisterre, una luz más allá del Camino' é a primeira novela de Carlos Javier Vega Briz, un peregrino amante do Camiño de Santiago. O autor relata unha historia de amizade a través da que o lector poderá descubrir as etapas, recunchos e puntos de interese do Camiño de Santiago. Nesta historia o autor desvelará 'o gran secreto que se esconde no Camiño'.Na presentación, Carlos estará acompañado pola escritora Cristina López Barrio, premio Azorín de Novela 2024.
A escritora galega María José Lorenzo presenta na Casa de Galicia 'Zapatones, el peregrino eterno'. Nesta obra, a autora relata a historia do popular personaxe Juan Carlos Balsas Lema, coñecido popularmente como Zapatones. Vestido de peregrino medieval converteuse nun auténtico embaixador do Camiño de Santiago.María José Lorenzo estará acompañada pola xornalista galega Pilar Cernuda nun acto no que tamén participarán outro compañeiro de profesión, Israel García-Juez, o ex xogador de baloncesto Fernando Romay e o editor do libro Gonzalo Sáenz.
Augusto Bruyel, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación e catedrático de Lingua Castelá e Literatura, é un gran coñecedor da historia de España. Empregando o estilo de historia novelada, decidiu escribir sobre varios reis ilustres da Idade Media. Publicou en 2012 'Alfonso VIII. Historia de una voluntad' e en 2017, 'Desde Pamplona, rex ibericus' (sobre Sancho III el Mayor). Culmina a súa triloxía medievalista presentando as vidas, tan relacionadas entre si, do rei aragonés Alfonso I el Batallador, a raíña leonesa Urraca I e o bispo galego Diego Gelmírez.
Unha charla amena e moi persoal repleta de experiencias e anécdotas sobre o Camiño de Santiago vista desde a perspectiva do hospitalero e peregrino veterano, Goyo González.Esta conferencia é complementaria á exposición de fotografía 'Camiño de Santiago francés en 360º' que se acaba de inaugurar o 4 de setembro e que se poderá visitar ata o día 30 na Casa de Galicia.
Nesta ocasión intervirán no recital, ademais de Antonino Nieto, en calidade de presentador e coordinador do ciclo, os poetas Carmen Martínez Coello e Luis Celeiro; na parte musical Calos Nieto (música galega), Liliana Mestizo (soprano) e Amara Sahara (bailarina); na creación de obra en vivo, a pintora Constanza López Schlichting.
Goyo González presenta un percorrido fotográfico polo Camiño francés a Santiago con imaxes en 360º. Son en total 36 instantáneas que se poden visitar nas Salas Álvaro Cunqueiro e Camilo José Cela ata o 30 de setembro.
A Casa de Galicia en Madrid acollerá o próximo 10 de setembro a presentación da nova colección de Coconutscankill, a marca da nova deseñadora galega Amara Caruncho. A súa proposta está inspirada na patronaxe e nas técnicas construtivas do traxe rexional de Galicia.Vangarda e tradición danse a man na colección 'Sobremesa', unha homenaxe á foliada galega, un festexo improvisado que se celebra ao redor dunha mesa despois dunha boa comida. A pesar da súa mocidade, Amara Caruncho ten unha ampla traxectoria no mundo da moda. Foi gañadora da quinta edición do Allianz Ego Confidence in…
Proxección do documental "Primeira pererinación a Santiago de Compostela en tractor de época". Encontro de museos relacionados coa arqueoloxía industrial agraria e as súas asociacións de amigos, titulada "Old Times, tractor meeting", coa intervención de Joan Artigas e José Luis Horcajo.Presentación da publicación "Alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas", pola presidenta de MUVICLA e doutora enxeñeira agrónoma, María José Bande Castro, investigadora do CIAM.Conferencia sobre o proxecto "Agricolae Mundi", por Miguel Agulló Velasco.Actuacion musical de percusión e gaita, por…
"Territorio e agricultura, aprendendo do pasado, mirando ao futuro", por Quico Ónega, enxeñeiro agrónomo, investigador do "Laboratorio do Territorio", da Universidade de Santiago de Compostela."O glamour é do máis rural que hai", por Brais Vázquez Bande, estudante de terceiro curso de Enxeñería Agrícola na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo."Da escola á granxa", aposta polo futuro do rural desde a educación infantil e primaria", por Carlos A. Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro agrónomo da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación Provincial de Lugo.
A través desta obra Carlos Lema recolle as presentacións que, como presidente de IURISGAMA, tivo a oportunidade de efectuar nos actos de concesión dos Premios Montero Ríos, que se outorgan desde o ano 1995 a un xurista galego que consagrase a súa vida ao mundo do Dereito.O libro, patrocinado polo Parlamento de Galicia, foi prologado polo seu presidente, Miguel Santalices Vieira, que destaca o merecido desta iniciativa ao honrar a memoria de xuristas ilustres que alcanzaron a excelencia facendo gala da súa condición de galegos e por convidarnos a recoñecer o papel fundamental do dereito…