Hoxe
--
A charla Litoral máxico de Galicia, contará coa participación de Ángeles Vázquez , conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.Neste encontro, que se produce despois de que a Xunta de Galicia asumise as competencias de xestión do seu litoral, abordaranse os plans do goberno galego para esta franxa costeira caracterizada pola combinación de rías, espazos naturais…
--
De madres a hijas, recetas para no olvidar busca rescatar esas historias de esforzo, creatividade e sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron. Unha historia que lembra que as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas conservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura.A presentación terá…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Histórico de eventos
Arquitecto pola Universidade de Navarra e doutor con premio extraordinario, Martín Fernández Prado realizou estudos de posgraduado na Bartlett School of Architecture e completou un Master en Urbanismo en Harvard University. Profesor de proxectos no Boston Architectural Center. Profesor de Urbanismo na Escola de Arquitectura da Coruña (UDC) e subdirector no período 2000-2003.
Os seus campos principais de investigación e publicación son sobre axendas e estratexias urbanas e Smart Cities. Foi Director Xeneral de Urbanismo e Ordenación do Territorio no X Goberno Gallego (2003-05). Concelleiro do…
A Fundación Philippe Cousteau "Unión de los Océanos" pretende render unha homenaxe á memoria de: Fernando Fernández Tapias-Román, naviero e empresario; José Silvera Cañizares, xefe de máquinas da Mariña Mercante, naviero e empresario; Constantino Méndez Martínez, exdirector xeral do Instituto Social da Mariña; e José Javier Varona Para, expresidente do Fondo de Regulación e Organización do Mercado de Produtos da Pesca (FROM).
Este acto conta coa colaboración do Centro Asturiano de Madrid.
Trátase dun proxecto ideado por Moncho Conde-Corbal que se plasmou nun libro que contou co apoio da Deputación de Ourense para facerse realidade. A publicación conta coa colaboración de xornalistas de renome e prescritores de opinión, e a imaxe da portada é un orixinal cedido polo fotógrafo Mani Moretón.
O 5 de abril será a data do lanzamento do novo disco de Youcanthide. A banda viguesa ha crecido musicalmente os últimos dous anos e tras varias xiras e festivais como Resurrection Fest ou Monkey Week, Guerra reflicte esa evolución. Temas de distinta composición, máis traballadas, tanto nas voces, como nos demais instrumentos, condúcennos por un mundo interior que chora a súa frustración e a súa falta de oportunidades, xa sexan persoais ou emocionais e que verbaliza con Guerra un berro desgarrado dunha realidade coa que non comulgan.
Youcanthide é un grupo que se alimenta das etapas do…
María Chups Gómez ofrécenos, na súa nova novela, a Emilia Pardo Bazán como protagonista dun relato de ficción, e é ela a que nos conta unha historia, uns anos, uns feitos precisos, coa curiosidade insaciable, neste caso, polo mundo ruso, que a atrapa mediante a lectura voraz dos literatos do seu tempo. Desvélanos como a novela rusa dos grandes escritores reflicte e disecciona unha sociedade de xeito evidente inxusta.
A novela, ademais penétranos na vida privada de Pardo Bazán, Emilia narra as súas experiencias cotiás e os seus anhelos de coñecemento, as súas viaxes, as súas estancias en…
Filla de emigrantes galegos, Fernanda Fernández leva toda a súa vida artística expoñendo entre Galicia e Madrid óleos nos que manda a arte figurativo, a realidade mimetizada en pinceladas. A exposición poderá visitarse ata o 30 de abril en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.
FERNANDA FERNÁNDEZ SUÁREZ (Buenos Aires, 1965) iníciase no debuxo en Vigo con nove anos, na Escola de Artes e Oficios. A técnica do carboncillo ensínalle a descubrir nun principio as formas, para estudar posteriormente a cor con pastel e óleo.
En Madrid compatibiliza os seus estudos de…
Este libro, editado por IBERSAF, constitúe a máis extensa recompilación do filmado para a gran e pequena pantalla sobre o Camiño de Santiago. Pensado tamén para camiñantes, estudiosos do Camiño e amantes do cinema, supón o recoñecemento do xénero Cinema Xacobeo a través de 50 títulos que inclúen películas, series de televisión e documentais.
As primeiras obras que se conservan datan de 1915 e chegamos ata 2022 nunha viaxe audiovisual que inclúe obras de corte histórico, romántico, de suspense, aminado, dramático ou de aventuras. As súas historias mergúllannos na mística envolvente da senda…
Neste primeiro recital poético participarán os poetas Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer.
Durante o acto intervirá a pintora Beatriz López-Linares cunha creación en vivo; a soprano, María Rodríguez e o gaiteiro, Juan Luna, con senllas actuacións musicais.
Coa súa nova novela Eduardo Soto-Trillo volve penetrarse na ficción, esta vez incorporando a sensibilidade e experiencia directa do seu traballo como experto internacional en dereitos humanos en distintos conflitos do mundo, á vez que nos descobre lugares próximos onde as feridas seguen escondidas.
"Migajas" é unha novela intimista sobre os sentimentos na que latexa a constante pregunta sobre a ambigüidade de todas as guerras e a maldade humana, o ciclo eterno entre a dor dos demais e o persoal, e ese lento tránsito desde o horror á paz e a serenidade.
EDUARDO SOTO-TRILLO é xurista…
Concerto de guitarra clásica con intervención pictórica onde o debuxo xorde en constante diálogo coa música dos compositores Federico Mompou e Stephen Goss, trazando historia, ritos e tradicións desenvoltas a través do Camiño de Santiago.
O programa consiste en dúas obras compostas ao redor da temática do Camiño: a "Suite Compostelá" e as "Cantigas de Santiago".
A "Suite Compostelá" é unha das únicas obras para guitarra escritas polo compositor Federico Mompou. Foi composta no ano 1962 durante unha das súas estancias como docente nos cursos de Música en Compostela, onde coincidiu co…