Hoxe
--
A charla Litoral máxico de Galicia, contará coa participación de Ángeles Vázquez , conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.Neste encontro, que se produce despois de que a Xunta de Galicia asumise as competencias de xestión do seu litoral, abordaranse os plans do goberno galego para esta franxa costeira caracterizada pola combinación de rías, espazos naturais…
--
De madres a hijas, recetas para no olvidar busca rescatar esas historias de esforzo, creatividade e sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron. Unha historia que lembra que as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas conservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura.A presentación terá…
Próximos eventos
Non hai próximos eventos
Histórico de eventos
A conferencia céntrase en momentos da vida de dous colosos das nosas letras, como foron Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós. A escritora galega e o literato canario mantiveron un estreito vínculo no que prevaleceu, por encima de cuestións sentimentais, o respecto e a admiración mutuas.
Ao longo do relatorio, faise un percorrido polos grandes momentos da escritora galega, como o de ser a primeira muller admitida como socia en Ateneo de Madrid ou o de alcanzar unha cátedra na Universidade española.
Lémbrase tamén a visita que fixo a Santander, onde Benito Pérez Galdós pasaba os…
Foro Exhibición Éxito Franquicia e AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos de Madrid) ten o pracer de convidarlle á rolda de prensa presencial, na que presentará o Foro Exhibición Éxito Franquicia, un encontro profesional para favorecer o intercambio de coñecementos sobre a franquía como sistema de negocio e para dar a coñecer os recursos de asesoramento, financiamento e solucións tecnolóxicas, que están ao dispor de empresarios e emprendedores.
al
Esta homenaxe ao autor ferrolán ten como principal obxectivo lembrar e comentar a extraordinaria obra literaria de Torrente Ballester, poñendo de relevo a súa prodixiosa imaxinación e talento fabulador despregados na invención de mundos fantásticos nas súas novelas máis importantes e resaltar as súas achegas fundamentais, sobre todo no campo da novela e con referencias a outros xéneros, que o sitúan nun lugar de privilexio na literatura española da segunda metade do século XX e tamén na historia da literatura europea en xeral. Así o consideraba o Premio Nobel portugués José Saramago cando…
Pilar Santos regresa á Casa de Galicia en Madrid cunha mostra que se caracteriza pola diversidade de medios utilizados ao longo dos anos e que tan ben domina. Desde as súas pinturas ao óleo, pasando polas súas novas esculturas con luz ou as coloristas máscaras, a súa obra evidencia a versatilidade e a disposición da artista para desafiarse constantemente pero sen perder un chisco da súa esencia. É unha excelente ocasión para gozar do seu infinito caudal imaxinativo que emana da súa mente, a través dos seus pinceis. Na pintura de Pilar predominan dúas notas: a cor e o movemento buscando sempre…
Esta mostra consta de varias series con temáticas concretas que se involucran unhas con outras dialogando e construíndo historias fílmicas. David Quinteiro, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, é un observador do cotián; a través da súa pintura, as cousas pasan de ser un obxecto a unha paisaxe, a unha onda ou a unhas plantas silvestres comestibles; sinalando sempre ese algo cotián que lle rodea, e que ao observar e concretar a mirada pon no seu xusto valor.
A Quinteiro o cotián envólveo e o deglute, é a súa salsa e a súa potencialidade. Pintor ata a medula cre que o…
José Vázquez Cereijo deixou un legado de sorprendentes proporcións. Non só a súa pintura, a maiores unha inmensa colección de obra gráfica, a súa poesía, unha extensa biblioteca abarcando revistas e edicións de libros de varios séculos e a súa colección particular de arte. Cadros, escultura... pezas de artistas galegos como Colmeiro, Corredoira, Maruja Mallo, Seoane, Tino Grandío por nomear algúns e internacionais como Francis Bacon, Georges Braque, Picasso, Dalí... El vivía exclusivamente pola arte, e pola cultura en todos os seus contextos.
Máis aló diso, a súa colección de preciosas…
Editado por Galaxia, con este libro Toxo debuta como novelista. Nesta distopía fantástica, o autor presenta o colapso social que sucede nas grandes áreas metropolitanas indiferentes ao que non sexa o seu propio ritmo desaforado de desenvolvemento. Unha praga contaxiosa con matices de maldición bíblica, leva á civilización postindustrial aos límites da desaparición. No medio dunha extinción, sen conciencia do perigo, un pequeno grupo intúe que o paradoxo da salvación radica nas persoas que permaneceron illadas nos remotos contornos dunha natureza implacable como imprescindible. A Colonia é…
O xornalista de TVE presenta un libro, acompañado por Julián Merino, realizador de En Portada de TVE, no que recolle a investigación sobre a polémica primitiva premiada
Cunha ampla experiencia como xornalista de investigación —principalmente en TVE—, Xaquín López García (Chantada, 1962), acaba de publicar El cambiazo, un libro que aborda o soado caso do boleto da Primitiva premiado con 4,7 millóns de euros que foi reclamado por máis de trescentas persoas O caso deu pé a un longo proceso xudicial que segue aberto.
A Coruña, ano 2012. Un loteiro asegura atopar, no mostrador da súa…
Despois da inauguración da exposición, que contará coa participación de José Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, terá lugar a estrea do documental que, con 40 minutos de duración, repasa a vida e a obra de Elías Valiña, cura de Ou Cebreiro que xogou un papel esencial como precursor do asociacionismo xacobeo, pioneiro nos estudos e na sinalización do Camiño de Santiago, así como un actor fundamental no renacemento contemporáneo do fenómeno das peregrinacións a Santiago de Compostela.
Elías Valiña Sampedro nace no ano 1929 en Sarria na parroquia de Lier. Con 12…
Este museo de arte sacra, un dos máis importantes de Galicia, ocupa algunhas estancias do convento de Santa Clara de Monforte de Lemos, fundado no ano 1622 por Catarina de la Cerda y Sandoval, esposa de Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, quen ao quedar viúva tomou os hábitos no devandito mosteiro. Este mecenado cobra especial importancia, xa que a colección acolle parte do importante legado artístico que ambos doaron; magníficas pezas de pintura, escultura, marfiles, téxtiles e obxectos suntuarios -especialmente relicarios- recollidos polos Condes de Lemos durante o seu virreinato…