Hoxe

--
A charla Litoral máxico de Galicia, contará coa participación de Ángeles Vázquez , conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.Neste encontro, que se produce despois de que a Xunta de Galicia asumise as competencias de xestión do seu litoral, abordaranse os plans do goberno galego para esta franxa costeira caracterizada pola combinación de rías, espazos naturais…
--
jhb
De madres a hijas, recetas para no olvidar busca rescatar esas historias de esforzo, creatividade e sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron. Unha historia que lembra que as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas conservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura.A presentación terá…

Próximos eventos

Non hai próximos eventos

Máis eventos

Histórico de eventos

Carmen Prado é unha pintora autodidacta que pinta por afección e por pura intuición. Tras máis de 20 anos dedicada ao debuxo anatómico e científico en revistas e libros especializados, realiza en 2013 a súa primeira exposición pictórica. Os aspectos máis destacables da súa obra son o uso da cor e que pinta, eminentemente, figura feminina, aspecto polo que a prensa en xeral comezou a denominala “a pintora das mulleres”. Para Jesús Vázquez Gallego (artisticamente, Xesús Vázquez) a pintura é unha afección que lle acompaña desde os seus primeiros anos no campo da medicina, como unha vía de…
“Cuentos Nuevos de Mondariz”, con ilustracións de Alberto Munín, é o terceiro libro da autora, experta en comunicación e liderado, cunha traxectoria directiva de máis de 20 anos en distintas organizacións. Estará acompañada no acto de presentación por Isabel Noriega, xerente de AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos en Madrid). Editado polo Club de la Niebla, o libro está composto por dez contos que son unha sincera homenaxe por parte da autora a Mondariz-Balneario e ás súas xentes. Os contos son froito dun exercicio de escoita activa, fascinación, imaxinación e moito agarimo por parte…
"Son caribe" é unha mostra que quere poñer en valor o poder da arte e a cultura como ferramentas sociais transformadoras. Unha viaxe a través da identidade e a cultura caribeñas da man do alumnado de dúas escolas de arte que a Fundación Balms ten situadas en dúas dos barrios máis vulnerables de República Dominicana e Colombia. Unha mostra que fai parada na Casa de Galicia en Madrid cargada de traballo e ilusión. Poderá contemplarse ata o 7 de outubro en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas de luns a sábado. Festivos e domingos: de 10:00 a 14:00 horas. Esta exposición enmárcase…
José Mª Gasalla, conferenciante, escritor e profesor de Deusto Business School, é enxeñeiro aeronáutico e Doutor en C. Económicas e Empresariais. É autor de moi diversas publicacións entre as que destacan os libros: "Márketing para la formación de Directivos”, “La dirección y desarrollo de personas”, “Confianza. La clave del éxito personal y empresarial”, “Quien lidera confía”, “Asunto: Confianza y Compromiso”, “Ganar Confianza: Coaching para un adolescente”, “El nuevo Liderazgo” e “Empréndela contigo mismo desde la confianza”. O libro que presenta na Casa de Galicia en Madrid, "La nueva…
Con motivo do 150 aniversario do nacemento de Antonio Palacios, Amelia Palacios elaborou unha mostra homenaxe á súa figura e obra centrada nos proxectos desenvoltos en Madrid por este xenial arquitecto galego. A Amelia Palacios únelle, ademais do apelido, un profundo agarimo e admiración cara á súa figura, xenial creador, a dun home visionario, orixinal, responsable da modernización da capital e defensor, ao mesmo tempo, do estilo rexionalista galego.  Todos os debuxos da exposición foi realizados ao longo da última década, en diversas técnicas e formatos. Son apuntamentos,…
Un conxunto de acuarelas e óleos conforman esta mostra que se inaugura o 4 de setembro, onde José Mª de Urda, profesor de debuxo e pintura xa retirado, dá a coñecer os recunchos máis significativos da Coruña así como doutros lugares de Galicia. Paisaxes rurais, urbanos e mariñas nos que destaca o gran dominio da cor e un impecable estudo da perspectiva. Esta exposición poderá visitarse ata o 29 de setembro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Domingos e festivos: de 10 a 14 horas. Andaluz de nacemento (Xaén, 1949), reside na Coruña desde 1972. Mestre de Ensino Primario e Licenciado en…
Cuba entrou na historia de Occidente da man de España. Falar da historia de ambas as nacións supón mencionalas indistintamente no que foi unha simbiose cultural de indubidable presenza no tempo. Esta exposición, composta por catorce óleos, parte desta intención argumental, onde a historia de Cuba e Galicia comparten espazos. Julio Lorente pretende realizar un repaso anecdótico e metafórico pola memoria compartida de dous territorios que o tempo e a historia relacionaron. A mostra poderá contemplarse na sala "Álvaro Cunqueiro", en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14…
A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquietude artística individual e colectiva da mocidade galega, convoca anualmente o programa "Xuventude Crea", un certame de creadores novos que pretende estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación. Este certame comezou a súa andaina en 2010 coa denominación "Xuventude Crea". "Xuventude Crea" pretende actuar como estímulo económico para a mocidade, pero ante todo quere ser un trampolín para mostrar as propostas dá…
Disco solidario cuxa recadación se destinará integramente a Unicef, co obxectivo de axudar aos nenos do terceiro mundo. Valse, merengues, bachatas e un amplo repertorio de ritmos e estilos variados no que se mestura o serio e o divertido forman este traballo musical do músico galego Miguel, que tivo para iso a colaboración doutros nove artistas: Alberto Cuña, José Costas (autor do conocidísimo tema ‘Como baila Carmiña’), Juancho o Charro (cofundador do Dúo Gala), Mar Davila, Sabela, Olalla de Hoyos, Marietta, Moita e Nucha e a eurovisiva Lucía Pérez. Miguel Martínez é un músico autodidacta…
al
"O Galiverso empeza aquí" é unha iniciativa da Xunta de Galicia que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual co obxectivo de mostrar o noso patrimonio material e inmaterial (artístico, industrial, arquitectónico, natural etc.) dunha maneira diferente. Sen saír da Casa de Galicia, poderedes viaxar en globo polo escarpado Canón do Sil, mirar A Coruña desde o alto desde a lanterna da Torre de Hércules ou descubrir o templo romano de Santalla de Bóveda, entre outras experiencias. Hai lugares que só se poderán visitar entrando no Galiverso, como a Cripta do Apóstolo, —pechada ao…