Hoxe

Non hai eventos para hoxe

Próximos eventos

Non hai próximos eventos

Eventos pasados

Durante o acto de presentación, Eduardo Cimadevila estará acompañado por Javier Mª Navas Alonso, que tamén é o autor do prólogo do catálogo da exposición. A través desta exposición, poderanse contemplar 56 fotografías que recollen seis anos de traballo do fotógrafo madrileño, durante os cales estivo percorrendo os camiños dos montes da Pedra do Cadro. Nesta zona, pertencente ao concello de Muros, atópanse escondidos bloques de granito con formas e figuras caprichosas, de suxestiva beleza, que lembran a animais ou humanos. Esta mostra de pareidolia natural poderá visitarse ata o 29 de abril…
O Capital de Navío da Armada, Luis Mollá, presenta a súa nova novela publicada pola editorial Almuzara, na que relata a descoñecida expedición de Juan Sebastián de Elcano e García Jofre de Loaísa na que se trataba de dar unha segunda volta ao mundo en 1525, cando só transcorreran tres anos da primeira. Unha expedición moito máis ambiciosa e que veu precedida pola que realizaron Magallanes e Juan Sebastián Elcano coa nave Victoria, cuxo éxito alentou esta segunda iniciativa real que saíu da Coruña en xullo de 1525, e que acabou chea de infortunios e coa vida de Loaísa e Elcano, quen atopou a…
"Érase unha vez..." é o título da exposición conxunta que poderá visitarse na Casa de Galicia durante o mes de marzo. Trátase dunha mostra dispar en canto ás propostas de ambos os artistas, pero compacta no seu conxunto polas visións complementarias que ofrece. Por unha banda, a cotidianeidade dos obxectos presentados por Seoane entre pinturas e alzados nos que destaca o recurso da colaxe. Por outra, a suxestiva viaxe proposta por Padrón, a base dunha natureza exuberante, colorida e onírica. A exposición poderá contemplarse ata o 31 de marzo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos…
Con motivo da celebración do 60º aniversario do seu falecemento, Aser Álvarez escribiu e dirixiu unha curtametraxe documental para o Consello da Cultura Galega sobre os primeiros anos na biografía de xornalista de Vilanova de Arousa, Julio Camba. Trátase da súa etapa menos coñecida que comeza no seu pobo natal e termina en Madrid, despois dun breve paso pola Arxentina de finais do século XIX. Durante o acto de presentación do documental, Aser Álvarez estará acompañado polo investigador Carlos Lapeña. Con esta peza audiovisual preténdese poñer en valor a etapa inicial do reputado escritor e…
Segundo Unai González, prologuista do catálogo desta exposición, o artista pretende que "os visitantes, con ollos ávidos de morriña e saudade, poidan ver nos diferente cadros, paisaxes dos seus recordos e vivencias desde un punto de maxestosa técnica que mestura realismo con maxia, costumismo e tradición, crenza e superstición". Nesta colección de obras plasma os lugares máis destacados de Compostela, como a Rúa do Villar, ou a Rúa Nova, así como a Torre do Reloxo ou Berenguela, a propia catedral e as súas torres desde o Paseo da Ferradura, que nos transportan a lugares que merece a…
María Jesús Domínguez Sío, doutora en filoloxía hispánica, ademais de catedrática de literatura, presenta unha novela histórica, editada por Almuzara, dedicada ao gran navegante de Palos de la Frontera, Martín Alonso Pinzón. Grazas a un titánico labor de documentación e un inspirado alarde literario, a escritora recoñece o carácter visionario, mesmo místico e, por suposto, ambicioso e egocéntrico de Colón e, á vez, asentando a súa narración neses mesmos feitos reivindica e enaltece a figura de Martín Alonso Pinzón, sen cuxo concurso e o dos seus irmáns Vicente Yañez e Francisco, a xesta…
María Jesús Domínguez Sío, doutora en filoloxía hispánica, ademais de catedrática de literatura, presenta unha novela histórica, editada por Almuzara, dedicada ao gran navegante de Palos de la Frontera, Martín Alonso Pinzón. Grazas a un titánico labor de documentación e un inspirado alarde literario, a escritora recoñece o carácter visionario, mesmo místico e, por suposto, ambicioso e egocéntrico de Colón e, á vez, asentando a súa narración neses mesmos feitos reivindica e enaltece a figura de Martín Alonso Pinzón, sen cuxo concurso e o dos seus irmáns Vicente Yañez e Francisco, a xesta…
JOSÉ CEREIJO naceu en Redondela (Pontevedra), en 1957. Desde 1968 vive en Madrid. Publicou ata a data cinco libros de poesía: "Límites" (Colección Melibea, 1994); "Las trampas del tiempo" (Hiperión, 1999); "La amistad silenciosa de la luna, haikus" (Pre-Textos, 2003); "Música para sueños" (Pre-Textos, 2007), e "Los dones del otoño" (Pre-Textos, 2015), e un de relatos "Apariencias" (Renacimiento, 2005). Foi incluído en diversas antoloxías. Colabora en distintos medios de prensa, tanto escrita como electrónica, nos que publicou artigos, recensións de libros e outros textos…
Artista autodidacta de marcado carácter persoal, obsesionado pola cor e a composición que trata de achegar, desde formulacións investigadoras e existencialistas, novos camiños expresivos e comunicativos da arte. Aínda que a súa obra é eminentemente pictórica, realiza tamén obra fotográfica, cartelismo, ilustración e deseño artístico. É coñecido polo seu afán de achegar o mundo da arte aos máis novos, mediante publicacións, artigos, conferencias, programas educativos e culturais, etc., actividade esta que o ten levado a foros internacionais da educación artística como o "4th International…
O traballo é unha mirada crítica sobre Emilia Pardo Bazán desde a nosa perspectiva contemporánea, analiza a estrutura dos seus contos e ofrece a súa propia e actual consideración teórica do xénero. Estes ensaios veñen destacar a actualidade dunha escritora, adiantada ao seu tempo, cuxa poliédrica figura, como a súa propia obra, non deixou de espertar a atención de lectores e estudiosos.  Complétase o volume cunha selección de contos, que recolle algúns dos máis significativos, desde "Un matrimonio del siglo XIX", publicado cando a moza Emilia apenas contaba catorce anos, ata "El árbol…