Notas de prensa
O acto abriuse coa intervención do delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, ao que seguiron no uso da palabra Villalba e Labarta.
Ónega resaltou o interese e a importancia que para Galicia ten o mar "Galicia é país bendicido polo mar"-, onde, lembrou, é un referente con numerosos campos de investigación e "cobre aspectos de gran relevancia, tanto naturais como económicos, sociais, de investigación e un longo etcétera", convidando a coñecer os seus "segredos e vangardas" nas intervencións que terán lugar na Casa de Galicia.
Villalba…
O artista e a mostra foron presentadas polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, quen apreciou que Vila “é un artista que crea un mundo insólito de personaxes e situacións, un mundo cheo de encanto pero que, á vez, impresiona”, que “colle a materia e transfórmaa, vólvea humana”, que “a madeira nas súas mans é poesía” e que Vila “copia a realidade pero matízaa e a chea de expresividade”. “Estamos ante unha obra de magnitude creativa, de altura, de inspiración”, mantivo.
Vila explicou a vinculación da súa obra coa natureza e con…
Jiménez lembrou que Nöis xa expuxo na Casa fai unha decena de anos, de tal modo que se pode captar a puxanza e evolución da súa obra, que ela mesma denomina como "varias series de abstraccións dinámicas". Apréciase claramente "como flúen os distintos ritmos da pintura de Nöis, quizá axude a iso o feito de que pinte descalza ao ritmo da música e de que os seus pinceis bailen tamén", dixo, e citando ao Principiño sinalou que o esencial é invisible aos ollos, e o que en realidade fai cando baila ante o lenzo é "un striptease da alma, unha cerimonia mediante a cal se desposúe de todas as súas…
Ónega abriu o acto cun saúdo inicial e seguíronlle no uso da palabra o presidente de Cátedra Chinesa e decano dos empresarios españois en China, Marcelo Muñoz Álvarez, e o embaixador Lyu Fan, así como un grupo de membros do Claustro Senior, aos que deu paso o vicepresidente da asociación e avogado coruñés Víctor Cortizo, consultor de mercado chinés.
O delegado da Xunta de Galicia en Madrid resaltou a amizade e o afecto que unen a España e China así como o intenso comercio que a nutrida colonia chinesa afincada en España desenvolve no país e especialmente en Madrid. “No noso país, a…
Jiménez explicou nas súas palabras, que se trata dun libro dirixido ao público infantil e xuvenil e co que ademais se pecha unha serie de 11 libros de contos de mitoloxía. Neste, dedicado á mitoloxía celta, inclúense dous localizados en Galicia. O primeiro sobre a famosa lenda dos mouros, e o outro sobre a sirena da liñaxe dos Mariños. Ademais, a obra inclúe un apéndice didáctico titulado Aproximación ao mundo celta.
Pola súa banda, José María de la Torre, sinalou que esta Colección Alba y Mayo Narrativa vai dirixida a "nenos e mozos que len intelixentemente", tal e como figura no…
Ao acto tamén asistiron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, e nel a conselleira destacou a importancia desta colaboración. A través dela, lembrou, “búscase acadar o óptimo grao de adecuación dos fondos europeos que a Unión Europea destina ao sector pesqueiro ás finalidades que perseguen estas achegas”.
Polo tanto, engadiu Rosa Quintana, “facilitará unha maior exactitude na valoración e no seguimento dos proxectos e garantirá un maior grao de correspondencia entre as…
Ónega declarou a súa admiración por Mondoñedo, ao que cualificou de “un símbolo, unha referencia, un amor” e lembrou algúns dos seus lugares emblemáticos e dos seus fillos ilustres. Tamén Romay enxalzou a importancia da cidade, da que dixo que lle lembraba á súa Betanzos natal, coa que comparte algunhas das súas peculiaridades: foi capital do antigo Reino de Galicia, teñen importantes centros históricos, festas locais e belezas naturais, das que destacou no caso de Mondoñedo a súa afamada Cova do Rei Cintolo así como a beleza de toda a comarca da Mariña lucense.
A alcaldesa referiuse aos…
A XUNTA INCREMENTA NUN 10% O ORZAMENTO PARA APOIAR O TRABALLO DOS CONSELLOS REGULADORES DE VIÑO DE GALICIA
A Xunta aposta polo fomento e promoción do viño galego, como sector estratéxico para a Administración autonómica, cun incremento do orzamento destinado a consellos reguladores vitivinícolas dun 10%. Ademais, o Goberno galego está dedicando máis esforzos á investigación en materia de calidade agroalimentaria, tamén no que atinxe a este eido do viño.
Así o destacou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, esta tarde en Madrid, na presentación da “Guía de vinos,…
O acto foi introducido polo xerente de Aegama, José Cerdeira, que o enmarcou na programación habitual da Asociación para dar a coñecer entre os seus membros a actividade dos seus asociados. As conferenciantes foron presentadas por Jesús Alonso Segoviano, presidente de honra de Coaching Lyskam, empresa asociada en Aegama, quen alertou da necesidade dun cambio de mentalidade empresarial que axunte a visión local e global e o sentido común co coñecemento. Finalmente, o acto foi clausurado polo vicepresidente de Aegama para Pemes, Casimiro Masager.
A conferencia de Algarrada tivo como puntos…
Jiménez lembrou nas súas palabras que Pepa Nieto ten "vocación de artista total, pois á súa condición de poeta de recoñecido prestixio, con numerosos libros de calidade (algúns dos cales se presentaron nesta mesma sala) debe engadirse a súa faceta, non menos importante, de escultora de exquisita sensibilidade". Sinalou ademais que Pepa Nieto é xa "un nome de referencia na vida cultural madrileña, á que vén achegando desde hai anos o faladoiro Arco poético, polo que van pasando aos poucos as mellores voces da lírica que podamos atopar".
Para o coordinador, Nacer del fuego "é un poemario…