Notas de prensa

O obxectivo da obra é "potenciar o subsector do turismo termal en España a través da identificación de novas oportunidades de negocio e a configuración dunha oferta turística nova e innovadora que axude a diversificar o sector" e foi posible grazas ao impulso da  Escola de Organización Industrial que apoiou o proxecto de investigación cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Tras as palabras de benvida, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega foi dando paso aos diferentes integrantes da mesa. En primeiro lugar fíxoo…
O acto de presentación na Casa de Galicia/Delegación da Xunta en Madrid contou co presidente do Consello de Estado José Manuel Romay Beccaría; o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; o poeta, escritor e crítico literario, Vicente Araguas; Lorena Rei, poeta participante no libro; e o poeta e coordinador da obra, Suso Díaz. Nas súas palabras, tras as de benvida, Ónega citando a Óscar Wilde sinalou: ""Paseime o día traballando nas probas dun dos meus poemas. Pola mañá puxen unha coma, e pola tarde, volvína quitar". Non é o caso da poesía de García Lorca, que é…
"Existen unha serie de medidas xerais de prevención ou de bioseguridad que teñen como finalidade reducir a presión de infección ou mellorar os factores ambientais que poden influír na resistencia dos peixes a enfermidades", expuxo a conferenciante, engadindo a esas medidas de bioseguridad o relevante uso de vacinas. "A prevención baseada na estimulación do sistema inmune mediante o uso de vacinas é un factor crucial para a saúde dos peixes e por tanto para o desenvolvemento da industria da acuicultura. A incorporación de programas de vacinación, iniciada na década dos 80, supuxo un descenso…
A presentación foi realizada por Xerardo Pazos, director técnico de Oinum Global Gourmet e catador, Manuel Vilariño, delegado de Oinum en Santiago de Compostela, e os directivos da firma Manuel e Rafael Martínez, quen, en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López, estiveron acompañados pola coordinadora de Actividades Económicas da Casa, Ana Rodríguez, que dió a benvida a promotores e participantes. Segundo expuxeron os responsables de Oinum ante os numerosos profesionais que asistiron á presentación, a climatoloxía e a orografía de Galicia fan que…
"Contade comigo para levar polo mundo esa imaxe de Galicia excelsa que todos admiran e que vós estades a crear co voso traballo e esforzo", dixo Ónega tras as palabras de agradecemento e engadiu: "Contade comigo para levar polo mundo esa imaxe da nosa provincia. Contade comigo para espallar o voso esforzo e traballo para que sexa levado aos confíns do noso país e do estranxeiro". Ónega lembrou aos asistentes no seu breve discurso que descende de "familia de adega e casa de comidas. O meu avó, e aínda o meu pai, tiveron taberna e almacén de viños en Mosteiro-Pol. A miña casa foi parada e…
A cantante e os músicos que a acompañaban, Alex Salgado (guitarra portuguesa) e José Salgado (guitarra española), foron presentados polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, quen subliñou que "María do Ceo é emoción, beleza, música, inspiración e son. Tráenos o acento portugués e a nostalxia de dous pobos irmáns, como son Portugal e Galicia". Completou a presentación o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen lembrou que é a terceira vez que a cantante trae a súa música á Casa e mantivo que "con todo encadrarse entre as…
A xornada contou co patrocinio de Abanca e nela participaron: Xullo Lage, presidente de Aegama, que presentou a Xornada e ao resto dos intervenientes, Carlos Conde, reitor da Universidade Politécnica de Madrid, Flor Gómez Novoa, directora de Programas da Escola de Negocios Afundación; José Antonio Fernández Ramos, presidente de Sanromán Consultoría e Formación, e Alejandro Segura, director para España de Global Management Challenge. Asistiron un centenar de persoas das que ao redor da metade eran universitarias. Carlos Conde interveu co relatorio "Novos modelos de relación Universidade-…
No acto interviñeron ademais do relator, a coordinadora de Actividades Económicas, Ana Rodríguez Barrena, quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega; e o director do ciclo, Dr. Antonio Villalba García do Centro de Investigacións Mariñas da Xunta de Galicia en Vilanova de Arousa. Villalba resaltou os datos máis destacados da traxectoria profesional do conferenciante. Paulino  Martínez Portela é doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago; catedrático na Facultade de Veterinaria, no Campus de Lugo e lidera un equipo de…
Ademais de Natalia Velasco, licenciada en Filoloxía Francesa pola Universidade Complutense de Madrid e en Arte Dramática pola Middlesex University de London, no acto interviñeron María Luisa Maillard, representante de Eila Editores e directora da Colección de Biografías, que explicou esta colección, á que se referiu como "proxecto estrela da AMMU", a socióloga Inés Alberdi e, en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que presentou ao resto dos intervenientes. Máis dun centenar de persoas…
En representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, o artista foi presentado polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen resaltou a súa longa traxectoria profesional e referiuse á selección de obras expostas na ampla retrospectiva que ofrece a exposición. Nela poden contemplarse obras que datan desde os primeiros anos da década dos sesenta, como "En clase de Antonio López", do que Brea Colmeiro foi alumno na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando, e do que recibiu a única Matrícula de Honra que…