Notas de prensa

Na inauguración da mostra interviñeron, ademais do autor, o coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez, -quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega- e o escritor, editor e xornalista Xulio Xiz que viaxou a Madrid ex profeso para a presentación do artista. Para Jiménez a exposición de Lázare é "unha gran honra" pois non adoita prodigarse fóra da súa Lugo natal, "onde traballa comodamente abrochado pola cremallera da súa Muralla" e só se despraza "extramuros nas grandes ocasións". Para o coordinador, esta exposición sorprende por "a calidade dos seus traballos…
Ademais do conferenciante, participaron nesta última sesión, o presidente da Asociación, José Antonio Ortiz, que presentou a Díaz de Bustamante, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que o fixo en representación do delegado da Xunta de Galicia/director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López. Jiménez subliñou o éxito do Seminario, “que vén celebrándose nesta Casa desde fai quince anos en memoria e recordo de José Antonio Cimadevila Covelo, ilustre galego que presidiu o Centro Galego de Madrid e tamén a ´Asociación de Amigos de los Camnos de Santiago de Madrid…
O conferenciante foi presentado por José Antonio Ortiz, presidente da Asociación de “Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid”, en colaboración coa que se organizou o Seminario. Ortiz destacou, entre outros aspectos da carreira profesional de Etxeberría, o seu labor á fronte do equipo de 36 expertos que buscaron os restos de Miguel de Cervantes na Igrexa das Trinitarias, de Madrid. “O seu labor e profesionalidade valéronlle diversos recoñecementos a título persoal, como o Premio Dereitos Humanos da Deputación Foral de Guipúscoa de 2006, ou o Premio Dereitos Humanos do Gobierno Vasco do…
A presentación do acto correu a cargo do actual presidente da Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid José Antonio Ortiz Baeza, quen mostrou "en absoluta primicia" o mapa  Caminos de Santiago en la Península Ibérica recén saído da imprenta que nos acaba de traer Alfredo e que "estabamos a esperar con verdadeiro interese". Tamén destacou nas súas palabras a ampla traxectoria profesional do conferenciante. Alfredo del Campo García é enxeñeiro de Montes e funcionario de Carreira do Corpo de Enxeñeiros Xeógrafos. É, ademais Xefe de Área de Cartografía Temática e Atlas…
No acto interviñeron: o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría; o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega López; o presidente da Asociación de Amigos de los Camiños de Santiago de Madrid José Antonio Ortiz Baeza; e o propio ponente Manuel Castiñeiras González quen o fixo acompañando as súas palabras coa proxección de máis dun centenar de ilustrativas imaxes. Ónega, tras as palabras de benvida, sinalou que "o Camiño de Santiago é un milagre, que nace do corazón. Os Camiños de Santiago, porque hai moitos, son un milagre que nacen  do…
En nome de Aegama deu a benvida aos directivos e socios da entidade o seu xerente, José Cerdeira, que conduciu posteriormente o acto xunto co vicepresidente para Pemes de Aegama, Casimiro Maseguer. Meseguer defendeu que a dureza do mundo dos negocios diminúe “cando podemos tratar con persoas ás que coñecemos e, se fose posible, das que somos amigos”, subliñando que o obxectivo do encontro era precisamente “presentarnos e achegarnos entre nós para establecer amizade” e facer crecer as posibilidades de facer negocio. Un segundo obxectivo era “o compromiso individual” dos asociados de “…
A ESCRITORA PONTEVEDRESA BEATRIZ HERNANZ OFRECEU UN RECITAL POÉTICO NA CASA DE GALICIA EN MADRID No acto interviñeron, ademais de Hernanz, o tamén poeta e pontevedrés (de Vigo) Miguel Losada, que presentou á invitada, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que o fixo en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid/director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López. Jiménez referiuse a Losada, lembrando que o pasado xullo presentou na Casa o seu último libro. Tamén que estivo á fronte da Cátedra de Estudos Galegos do Ateneo de Madrid, que coordinou…
Esta edición da credencial, promocionada por Lugo Monumental, conta co patrocinio de La Voz de Galicia, autorizado excepcionalmente para a ocasión polo Cabildo da Catedral de Santiago, e coa colaboración do artista lucense Chencho Pardo, deseñador do documento, e do Bispado de Lugo. Os beneficios estarán destinados integramente a Cáritas Lugo. O documento servirá como credencial para alcanzar a Compostela. Ónega, lucense e anfitrión do acto, deu a benvida a participantes e asistentes, tivo palabras de recordo e eloxiou para as cidades de Lugo, onde estudou o Bacharelato, e de Santiago de…
A presentación do acto realizouna o coordinador de Actividades Culturais Ramón Jiménez, en nome do delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega. Jiménez explicou nas súas palabras que o bodegón, era un xénero considerado "menor" dentro das categorías da pintura, pero que en España gozou de gran importancia porque soubo adaptarse perfectamente á nosa estética pictórica, que se caracterizada por "a sobriedade, a austeridade, e a énfase no real, no cru, no directo". Pola súa banda, o profesor Diz, que apoiou as súas explicacións coa proxección de ilustrativas imaxes, foi…
Para Ónega, "este é un libro importante, imprescindible e moi documentado que vén encher un oco que existía ata agora. É un traballo que condensa o esforzo, o paso, a vida, o xenio dos galegos en Madrid". En relación ao autor achegou os datos máis relevantes da súa traxectoria profesional. Aparisi é enxeñeiro de Telecomunicacións, académico correspondente da Real Academia da Historia, e membro numerario do Instituto de Estudos Madrileños. Bonet Correa destacou nas súas palabras "a beleza" da arquitectura que deixaron en Madrid os galegos e fixo unha reflexión sobre "a ampla e importante…