Notas de prensa

Interviñeron no acto o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, o presidente da Confederación Empresarial de Madrid (Ceim), Juan Pablo Lázaro Montero de Espinosa, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez Fernández, o presidente de Aegama, Julio Lage González, o presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro Gómez, a directora da Oficina do Plan de Reindustrialización de Ferrolterra, Natalia Barros Sánchez, e o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, José Manuel Vilariño Anca. José Ramón Ónega, en tanto que anfitrión, deu a benvida aos…
A Casa de Galicia/Delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde o acto de presentación no que interviñeron, en primeiro lugar o coordinador de Actividades, Ramón Jiménez, en nome do delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega; seguido do presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada; o crítico literario e poeta Vicente Araguas; o poeta e xestor cultural Antonino Nieto; e o propio autor, Francisco Álvarez "Koki". Nas súas palabras, Rodríguez Cañada sinalou que o autor "fusiona os recordos e remembranzas da adolescencia e primeira mocidade en terras…
Jiménez sinalou que "José María Prado dinos de entrada que o seu corazón é galego e a súa alma castelá, e que dedica esta exposición que hoxe presentamos as marabillosas e alegres cores da terra galega, as súas xentes e a súa unión co mar". Engadiu ademais que "desde logo, está claro que José María é un home profundamente inquieto polo interior, xa sexa o corazón, a alma e a memoria que aniña nela, ou calquera outra parte nosa, e que se vale do instrumento do seu pincel para indagar en misteriosas profundidades que logo nos ofrece amalgamadas en explosións de cor a fin de que nós as…
En representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, os conferenciantes foron presentados polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen valorou que a conferencia ofrecía unha temática “moi apropiada para as datas nas que estamos, en que nenos e nenas soñan coa ilusión posta nos tres Reyes Meigos”, e que resaltou sería “´concelebrada´ por tres conferenciantes de recoñecido prestixio”. Falcón, impulsora do acto, presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid e experta na prensa do corazón, é autora de,…
No acto interviñeron o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, o vicepresidente executivo da Orde, Alejandro Rubín Carballo, o embaixador homenaxeado e o presidente e gran maestre da Orde e presidente do Foro Universitario Europeo Reyes Católicos, Manuel Pampin Rúa. Na mesa tamén estaba o secretario xeral da Orde, Alfonso Barcia Raposo, e entre o público figuraban o embaixador da República Dominicana, Aníbal de Castro; a viceconsejera de Políticas Sociais e Familia da Comunidad de Madrid, Belén Prado Sanjurjo, o secretario da Embaixada…
A presentación de Batital correu a cargo do coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez e nas súas palabras lembrou algúns dos fitos máis relevantes desta formación que naceu en Lugo en 2007 "da ilusión de varios afeccionados á música con experiencia en distintas agrupacións". Batital compuxo a canción do vídeo musical I´m from Lugo, que se presentou na Casa, en maio do pasado ano, un ambicioso proxecto gravado coas voces de Lucía Pérez, Noemí Mazoy, Alba Messa e Pilocha Martínez, entre outras artistas relevantes e no que participaron máis de 1000 lucenses. Máis recentemente, Batital…
A reunión contou cunha trintena de participantes, representantes dos parques tecnolóxicos de toda España, da propia APTE e das entidades que participaron no desenvolvemento do programa de traballo. A xornada comezou cunha sesión de formación sobre “crowdfunding” -financiamento por subscrición- a cargo do presidente da Asociación Española de Crowdfunding, Daniel Oliver, á que seguiu a presentación das posibilidades que ofrece aos asociados o acordo APTE-Cajamar, por parte do director de Negocio da Dirección Territorial Centro, José Antonio Guerrero García, unha sesión sobre participación…
Na súa intervención, o presidente Julio Lage fixo un repaso polos múltiples e importantes actos celebrados no transcurso destes 12 meses e deles destacou especialmente: os premios Victoriano Reinoso que recaeu na economista e presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores Elvira Rodríguez; o nomeamento de Asociado de Honra do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega pola súa "colaboración continuada coa nosa Asociación"; e a organización doII Encontro de Empresarios Galegos no Mundo que tivo lugar en Santiago, ao que asistiron o presidente e o conselleiro de…
Jiménez valorou que nesta novela Vázquez de Gey “retrata con mestría a vida dos escravos nas casas de familias criollas habaneras e a súa loita pola liberdade”. Lembrou que este é “o último texto dunha autora de éxito, entre cuxos títulos máis recentes figuran a biografía de Anita Delgado, ´Maharaní de Kapurthala´; a novela histórica ´El sueño de la Maharaní´, e a biografía ´La princesa de Kapurthala´”. Sinalou así mesmo que Estudillo Santos recibiu polos seus traballos premios como “o Ondas á mellor serie de ficción en 2005 por ´Hospital central´, ou o do público en dúas ocasións”: por “El…
No acto interviñeron, ademais do autor, el profesor Bernardino M. Hernando, o director da editorial, Sergio Mejías, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que o fixo en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid/director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López. Jiménez sinalou que Eugenio Feijóo é “un madrileño que pasou a maior parte da súa nenez na aldea ourensá de Abeleda, a beiras do Sil, na fronteira con Lugo”, lembrou que o seu anterior libro tamén foi presentado na Casa e encomiou a súa mestría como narrador. “As súas historias están…