Notas de prensa
No acto interviñeron o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega López; o director xeral do IGAPE, Javier Aguilera Navarro; o subdirector Apoios de DGPYME, Antonio Fernández Ecker; e o presidente de AEGAMA, Julio Lage González.
Nas súas palabras Javier Aguilera referiuse á importante mellora da actividade económica en Galicia, reflectida tanto no incremento da produción industrial como no crecemento das exportacións, que marcaron un récord absoluto en 2015, con 18.831 millóns de euros. Para consolidar e reforzar os indicadores positivos da economía galega…
A Asemblea compóñena catro membros de cada unha das oito entidades que están inscritas na Federación. Estas son: Xuntanza de Galegos en Alcobendas, Centro Gallego de Móstoles, Centro Gallego de la Sierra de Madrid, Casa Gallega de Fuenlabrada, Centro Gallego Noroeste de la Provincia de Madrid, Asociación Galega Corredor do Henares e Centro Gallego de Tres Cantos, sete centros galegos aos que se suma a Asociación de Taxistas Gallegos en Madrid.
A Xunta Directiva de Fagama, que ten potestade ata 2018, está composta polo presidente, Ovidio Cadenas Queipo (Xuntanza de Galegos en Alcobendas),…
No acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega; a concelleira delegada de Servizos Sociais, Igualdade e Promoción do Encaixe do Concello de Camariñas, Sandra Ínsua Rial; o deseñador e presidente da Asociación de creadores de Moda de España, Modesto Lomba; o deseñador da firma Yono Taola, Juanjo Gómez; e o alcalde do Concello de Camariñas, Manuel V. Alonso de León, encargado tamén da clausura. Ademais, contou cun pequeno desfile con dúas modelos con traxes en cuxos deseños se utilizaron encaixes; un audiovisual que deixou patente a beleza paisaxística…
O coordinador de actividades da Casa, Ramón Jiménez, foi o encargado de realizar a presentación da relatora, en nome do delegado da Xunta e director da Casa José Ramón Ónega López. Martín Rubio é ademais de doutora en Historia de América pola Universidade Complutense, profesora honoraria das Universidades Nacional San Antonio Abad e Andina de Cusco, así como da Universidade Nacional Maior de San Marcos, de Lima, de cuxa Facultade de Ciencias Sociais é Profesora Principal Visitante. É diplomada tamén en Estudos Amerindios, pola Casa de América; Académica Correspondente da Real Academia Hispano…
al
O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega López, tras saudar aos máximos representantes, Gabriel Tirapu, (presidente de EFA Galicia); Javier Prado (presidente de UNEFA); Enrique Rodríguez (sec. gral. EFA Galicia) Mary Espiñeira (subdirectora EFA Piñeiral); Mª Antonia Mateos (directora EFA A Cancela) e Luís García (director EFA Fonteboa); dirixiu unhas palabras de benvida aos máis de medio centenar de profesionais que desenvolven a súa actividade en seis comunidades autónomas, Galicia, Aragón, Andalucía, Castela a Mancha, Comunidade Valenciana e Estremadura…
A presentación do acto, que estivo presidido por José Manuel Romay Beccaría, presidente do Consello de Estado, correu a cargo do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega e nel interveu, tamén o director e coordinador do ciclo, o Dr. Antonio Villalba García, Investigador do Centro de Investigacións Mariñas da Xunta de Galicia en Vilanova de Arousa.
Para Ónega, este ciclo é unha oportunidade para dar a coñecer as investigacións máis vangardistas que se están realizando en Galicia, "cuxa esencia é o mar, a súa razón e riqueza" e citando a Tagore sinalou que "a…
No acto participaron, ademais do autor do texto, a xefa de Gabinete da Defensora do Pobo, Carmen Comas-Mata Mira, o neno Alejandro Serrano Ruibal, que actuou de mestre de cerimonias e dirixiu o diálogo entre ambos, a modo de entrevistador, e, en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen presentou o acto e aos protagonistas. Na presentación non puido estar a ilustradora do libro, a pontevedresa Laura González, porque se achaba en Suíza.
Astropal é un cometa que percorre a galaxia sen…
A presentación do músico correu a cargo do coordinador de Actividades, Ramón Jiménez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta e director da Casa José Ramón Ónega. Nela lembrou anteriores proxectos discográficos de Emilio Rúa como "Destino Sur", que presentou nesta mesma sala en setembro de 2014; "Despois de ti, a chuvia", en colaboración co escritor Xosé Carlos Caneiro; "Interior"; "Vida Miña" e o primeiro, do ano 2000, a súa carta de presentación, ao que chamou simplemente "Emilio Rúa". Jiménez evocou especialmente que a canción "Vida miña", do disco do mesmo nome, foi elixida no…
Na presentación, que tivo lugar esta tarde, interviñeron o alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito, o presidente do Consello Regulador Rías Baixas, Juan Gil Araujo, a directora xeral de Turismo, Nava Castro González, a secretaria de Estado de Turismo, Matilde Pastora Asián González, que pechou o acto, e o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López. Entre os asistentes ao acto estaban a directora da Escola Superior de Hostalería de Galicia, Marta Fernández Vázquez, o presidente da Fundación Segundo Gil Dávila, de Arbo, Antonio Vieitez, e membros da corporación municipal de Arbo…
Na presentación, que tivo lugar esta tarde, interviñeron o alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito, o presidente do Consello Regulador Rías Baixas, Juan Gil Araujo, a directora xeral de Turismo, Nava Castro González, a secretaria de Estado de Turismo, Matilde Pastora Asián González, que pechou o acto, e o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López. Entre os asistentes ao acto estaban a directora da Escola Superior de Hostalería de Galicia, Marta Fernández Vázquez, o presidente da Fundación Segundo Gil Dávila, de Arbo, Antonio Vieitez, e membros da corporación municipal de Arbo…