Notas de prensa

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou a Casa de Galicia en Madrid para coñecer de cerca a exposición Galicia, litoral máxico. Acompañada polo director da representación institucional do goberno galego na capital, Luis E. Ramos, a conselleira cualificou esta mostra como a mellor invitación para descubrir os valores ambientais, turísticos, socioculturais e económicos da costa galega.Durante o seu percorrido pola mostra, que se enmarca na exposición Galicia, naturalmente, Ángeles Vázquez puxo en valor as obras artísticas que a integran por plasmar á…
A Casa de Galicia en Madrid celebrou o Día internacional para a eliminación da Violencia contra a Muller coa presentación do libro De madres a hijas. Recetas para no olvidar, unha obra que reivindica a memoria gastronómica e familiar como parte esencial do patrimonio cultural galego. O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e contou coa participación do secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez.Durante a súa intervención, Ramos salientou a importancia deste libro que "pon en valor a nosa cultura a través das historias cotiás transmitidas de…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu o acto de irmandamento e posta en valor da Mancomunidade de concellos do Camiño Francés e do Camiño de Santiago en Gran Canaria, unha iniciativa que reforza os lazos culturais e simbólicos entre Galicia e as Illas Canarias arredor da tradición xacobea.O encontro estivo presidido polo director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e contou coa participación da delegada do Goberno de Canarias en Madrid, Rosa Aguilar, do conselleiro de Deportes do Cabildo de Gran Canaria, Aridany Romero, e da presidenta da Mancomunidade de concellos galegos do Camiño…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta mañá a inauguración da exposición Galicia, naturalmente, un proxecto expositivo que reúne dúas mostras complementarias dedicadas á posta en valor do territorio galego: Galicia litoral máxico. Asubíos, rompentes e cantigas e Ribeira Sacra, paisaje del agua. O acto estivo presidido polo director da Casa de Galicia, Luis E. Ramos, e contou coa participación da directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula María Uría Traba.Durante a súa intervención, o director da Casa de Galicia en Madrid destacou que “ademais da exposición Galicia…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, presidiron esta tarde a presentación do Concerto Homenaxe a Milladoiro polo seu 45 anos, que tivo lugar na sala Emilia Pardo Bazán da sede institucional da Xunta de Galicia en Madrid.Durante o acto, Ramos lembrou que “a música de Milladoiro leva acompañando moitos anos a vida dos galegos e galegas” e subliñou que o grupo “representa o mellor da tradición e tamén da modernidade da música galega”. Pola súa parte, Valentín García destacou que celebrar o 45 aniversario de Milladoiro “é…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu hoxe o acto de presentación do proxecto Aldealista, unha iniciativa de emprendemento e apoio ao medio rural que opta ao Gran Premio da Impact Social Cup, tras resultar finalista na categoría de Desenvolvemento Económico e Redución de Desigualdades.O responsable da representación institucional da Xunta en Madrid subliñou tamén que o desenvolvemento tecnolóxico e o emprendemento ligados á vida nas aldeas, á natureza e á alimentación saudable con produtos de quilómetro cero “tamén son Galicia Calidade” e incidiu en que “este…
A Casa de Galicia en Madrid acolleu unha mesa redonda sobre Artesanía no Prato, unha iniciativa pioneira impulsada pola Xunta dende o ano 2013 co obxectivo de incorporar a Artesanía de Galicia aos menús de recoñecidos cociñeiros e cociñeiras. Este proxecto está conseguindo establecer sinerxías e colaboracións entre profesionais dos dous ámbitos. No relatorio participaron o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, a directora xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, a ceramista Ana Tenorio, do obradoiro Witchneeds (Vigo), e a comisaria e consultora de…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu esta tarde a presentación do libro El cuarto vértice, de Carlos Moreno Lugrís, publicado por Hércules de Ediciones.Durante o acto, Ramos destacou que a novela “recupera as vidas de centos de mulleres que foron vilipendiadas polo chamado Patronato da Muller”. Engadiu que “a historia de Marina, marcada pola desgraza e pola inxustiza, contraponse á de Maruja, unha muller chea de éxito e privilexios, o que permite ao autor ofrecer un retrato lúcido das desigualdades e dos destinos condicionados pola época”. E resaltou tamén que “…
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu o relatorio Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, impartido por Xesús Domínguez Dono, director de Produción e Servizos Editoriais da editorial.Ramos destacou a relevancia de Editorial Galaxia e subliñou que “a cultura e as letras galegas non serían o mesmo sen a Editorial Galaxia”. O encontro, serviu para poñer en valor o legado dunha das institucións máis emblemáticas que naceu hai xa 75 anos, despois do pasamento doutro referente galego, Castelao.
A Casa de Galicia en Madrid acolleu o encontro Galicia, arquitectura de proximidade, unha actividade organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) coa colaboración da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), no marco da Semana Internacional da Arquitectura de Madrid.O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, presidiu o acto acompañado polo director da XERA, Alfredo Fernández Ríos, e polo decano do COAG, Luciano González Alfaya, ademais do decano do Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid, Sigfrido Herráez, e outros profesionais do sector da arquitectura e…